Na fronte unha estrela, no bico un cantar.

O Val das Mouras é una formación celta-folk que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi lonxe, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron á muller galega e ao emigrante, ao mariñeiro e ao aldeán… E nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto.

DISCOGRAFÍA
single-image
NOVO DISCO: A XUSTIZA POLA MAN

A xustiza pola man é unha recompilación de 10 poemas reivindicativos e de sorprendente actualidade aínda que foron escritos hai máis de 130 anos…Textos que falan da desigualdade social, a emigración, o abandono da terra ou a frustración, cos que O Val das Mouras pretende render a súa pequena homenaxe a todas aquelas persoas que sofren as inxustizas da sociedade na que vivimos. A nivel musical, a banda mantén a formación orixinal de voz, guitarra, frauta, violonchelo e percusión, pero engaden gaitas, instrumentos de orixe galega, acordeón e teclados. Ritmos de xota, muiñeira, pop ou ska mestúranse neste novo disco que segue a conservar a esencia folk que os caracterizou dende o primeiro día.
 Entre outras plataformas atoparédelo en:


O NOSO PRIMEIRO DISCO: ROSALÍA

ROSALÍA é o noso primeiro disco, é un ano das nosas vidas. É unha viaxe, un soño, unha promesa. Once cancións que se afunden na terra coma raíces, que destilan choiva e mar, que bailan ao son das campás afastadas azoutadas polo nordés. Once pedras centenarias, once murmurios, once miradas sinceras. Once cantos de esperanza, once queixas ao vento, once certezas. ROSALÍA somos nós, ROSALÍA é e será sempre ela.

 

Entre outras plataformas atoparédelo en:

single-image
QUEN SOMOS O VAL DAS MOURAS?
team-member

Laura Lorenzo

Voz

team-member

Joana Marcè

Frauta

team-member

David Fernández

Guitarra

team-member

Àlex Rodríguez

Violoncelo

team-member

Carles Mesa

Acordeón e percusión

CONTACTAR

O teu nome (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Asunto

A túa mensaxe

Número de contacto: Vanessa Martín 660 12 01 01

Correo electrónico de contacto: info@acrobatescultura.com

Nota de prensa

Rider técnico

No hi han concerts programats / No hay próximos conciertos programados / Sen próximos concertos programados

Concerts realitzats / Conciertos realizados / Concertos realizados

13/07/2018 Festes de la Baronia de Pinós Bagà
05/07/2018 Petit Format 2018 L'Hospitalet de Llobregat
25/05/2018 Festa das Letras Galegas (Irmandade Galega Rubí) Rubí
04/05/2018 CC Collblanch-Torrassa (ASASF) L'Hospitalet de Llobregat
07/04/2018 Luz de Gas (Barnasants) Barcelona
26/01/2018 Centre Cultural Sanfeliu L'Hospitalet de Llobregat
22/12/2017 Instituto Investigación Josep Carreras (Evento privado) Badalona
22/11/2017 Escola Municipal Música Tiana
18/11/2017 Auditori Barradas (Festival Acròbates) L'Hospitalet de Llobregat
16/09/2017 Festa Major Bellvitge Carpa gran L'Hospitalet de Llobregat
19/08/2017 Festival do Castro +SES (Xira Galega'17) Ferreira de Pantón
18/08/2017 A Arca da Noe (Xira Galega'17) Vilar de Santos
17/08/2017 A Gramola Café (Xira Galega'17) Santiago de Compostela
16/08/2017 Casa de Rosalía (Xira Galega'17) Padrón
15/08/2017 Centro Multiusos (Xira Galega'17) Armentón
16/06/2017 Festa Can Mercader + Luar na Lubre Cornellà
03/06/2017 Ateneu Galego Aquén Nós Girona
20/05/2017 Semana Cultural Galega Badalona
03/12/2016 XX Aniversario ACG Agarimos Badalona
16/10/2016 As San Lucas + Cristina Pato + Susana Seivane Mondoñedo
08/10/2016 Fira Mediterrània Manresa
09/09/2016 Festa Major Bellvitge ICV L'Hospitalet de Llobregat
07/05/2016 Teatre Can Carreras Sant Boi
05/03/2016 Luz de Gas (Barnasants) Barcelona
14/02/2016 Salamandra 2 (Discconcert) L'Hospitalet del Llobregat
28/11/2015 3r Aniversario ACGB (Euskal Etxea) Barcelona
09/09/2015 Festa Major Bellvitge ICV L'Hospitalet de Llobregat
23/08/2015 Igrexa de Hospital (Xira Galega'15) Quiroga
22/08/2015 Centro Multiusos (Xira Galega'15) Armentón
21/08/2015 A Cova Céltica (Xira Galega'15) A Coruña
20/08/2015 A Gentalha do Pichel (Xira Galega'15) Santiago de Compostela
19/08/2015 Casa de Rosalía (Xira Galega'15) Padrón
25/07/2015 Can Chill Out/Can Sumarro L'Hospitalet de Llobregat
26/06/2015 Institut J. Serrat i Bonastre Barcelona
19/06/2015 Museu d'Història L'Hospitalet de Llobregat
08/05/2015 Festa Galega IG O Noso Lar Terrassa
11/04/2015 Auditori Barradas (Barnasants) L'Hospitalet de Llobregat
31/01/2015 Foliada ACGB Euskal Etxea Barcelona
20/12/2014 Cicle nadal Seu d'Ègara Terrassa
29/11/2014 Salamandra 2 + SES L'Hospitalet de Llobregat
22/11/2014 Escola Municipal de Música Tiana
24/10/2014 Pocket Concerts L'Hospitalet de Llobregat
10/09/2014 Festa Major Bellvitge Carpa gran L'Hospitalet de Llobregat
07/09/2014 Festa Major Bellvitge ICV L'Hospitalet de Llobregat
31/08/2014 L'Ermitage de Quadres Puigcerdà
30/08/2014 L'Ermitage de Quadres Puigcerdà
24/07/2014 La Caravana L'Hospitalet de Llobregat
05/07/2014 Festa Galega La LLagosta La Llagosta
31/05/2014 Mostra Galicia (Moll de la fusta) Barcelona
04/04/2014 Depósito Legal L'Hospitalet de Llobregat
25/01/2014 XI Festival del Botillo (ASOBECAT) Cerdanyola